Facendo un pouco de historia daremos paso a unha curta viaxe a través dos escudos que se atopan neste concello, os que teñen unha gran riqueza arquitectónica e un significado que agora desvelaremos.
No Concello de Toén atopáronse restos prehistóricos nas proximidades da capital municipal pertencentes ó Paleolítico inferior e medio, así como algún castro romanizado na parroquia de Trelle.
Dende o punto de vista artístico debemos de destacar entre as construccións de tipo relixioso do municipio as parroquiais de Santa María de Feá, a de San Pedro de Moreiras e a de Santa María de Mugares.
A primeira é unha eirexa románica de finais do século XII que foi antigo priorato do mosteiro benedictino de Celanova, que conta cunha casa que se conserva no veciño pobo de Quenlle, donde residiron os monxes que atendían e administraban os bens. Trátase de unha fermosa eirexa con portada de doble arquivolta e tímpano decorado coa cruz de Malta; posue fermosos canecillos con metopas de ornamentación variada e motivos vexetais e animais.
A de San Pedro de Moreiras que pertenceu ó Cabildo de Ourense; dende o século XV, era no século SVIII de presentación de Don Pedro Vázquez de Puga e da súa muller Dª Guiomar López de Temes ós que pertenceu o escudo posto sobre a porta lateral do mediodía da eirexa, no que sen partición algunha, aparecen cinco caldeiros postor en sotuer, dúas espuelas unidas no alto por un arquillo e unha cabeza de águia coronada que son as armas dos Puga e Aguiar (figura 1).
Sobre a porta principal da eirexa está grabada a data 1724; e non lexos da eirexa quedan os restos do que foi tenencia do Cabildo da Catedral de Ourense que ocupaba a división territorial denominada Vicariato dende a primeira mitade do século XII. Nela vense dous escudos no que un deles pertence ó Chantre e provisor D. Alonso de Piña, mecenas das artes e verdadeiro prototipo de clérigo renacentista, veciño de Ourense na "Rúa dos Zapateiros" (actual Calle de la Paz) que ademais dos cargos citados, foi rector de San Pedro de Moreiras, capelán real, Protonotario Apostólico; foi gran protector da abadía de Xunqueira de Ambía; a súa pedra leva o lema "Iusticiam fac et vives", escudo que aparece nos restos da mencionada torre entre o arco e un alfiz rectantular da porta de entrada ó patio.
A eirexa de Santa María de Mugares construída no s. SVI foi fundada por D. Bartolomé García de Bahamonde; posúe na súa bóveda da capilla maior e sacristía unha excelentes pinturas murais atribuidas o mestre de Banga polo Profesor García Iglesias. Na rectoral existen na súa fachada dúas pedras armeras; unha, pertence ó apelido Puga (figura 2)e a outra ó apelido do fundador da eirexa, e dicir a familia García de Bahamonde (figura 3).
Este personaxe descendía de unha das familias de mais probrado liñaxe do Ribeiro, estudiante en Salamanca, disfrutou de bens e beneficios en San Cristobal de Regodeigón, Santiago de Ribadavía, Santa María de Oliveira e Santa María da Magdalena, estas dúas últimas usurpadas ós Mosteiros de Oseira e Celanova, respectivamente, o que díu lugar a unha bula de excomunión polo Papa Pío IV no ano 1560. Dez anos mais tarde aparece como abade de Santa María de Mugares donde constrúe a actual eirexa e rectoral e donde coloca os escudos mencionados.
O apelido Puga formado por dúas espuelas e dous caldeiros e yelmo mirando a esquerda, e o dos García de Bahamonde formado por quince jaqueles e na fronte unha M, rodeado o blasón por dous lagartos que cruzan as súas colas baixo a punta do escudo e leva como timbre unha corona condal.
No municipio de Toén tamén temos que facer mención da existencia de destacados pazos como os do Olivar na parroquia de San Mamede de Puga e o da Torre Penela no lugar de Reguengo na feligresía de Santa María de Alongos. Respecto do primeiro hay que destacar o feito de ser un dos mellores e mais característicos da provincia, portando un escudo partido e cortado coas armas dos Puga e un castelo, e na punta outro castelo con dúas palmas. A casa do Olivar a mediados do século pasado pertencía a D. Fernando Puga, casado con Dª. Josefa Nóvoa; esta señora era irmá da avoa dos actuais señores Méndez Domínguez, patronos da capela de Nª Sª dos Remedios de Ourense. Este escudo está sostido por unha aguia voante (figura 4).
Nesta mesma parroquia de San Mamede de Puga está enclavada a torre solar dos de este apelido tan extendido no Concello de Toén. Os Puga foron donos de moitas terras e casas en toda esta comarca e non existe pazo no que non apareza a súa liñaxe.
A finais do século XV e principios do XVI a torre de Puga pertencía o cabaleiro D. Gonzalo de Puga, do cal o seú enterramento se conserva na eirexa de San Francisco de Ourense.
Na casa torre existen os escudos correspondentes á figura 5 e á figura 6.
O primeiro coas armas dos Puga e Villamarín e o segundo coas armas dos Enríquez.
Outra casa deste mesmo pobo de Puga, ten un escudo con cimera volta a destra e cuartelada por unha cruz de Calatrava, que leva os apelidos: Ambía, Aguiar, Ozores e Ponte (figura 7).
Respecto ó outro pazo mencionado, e dicir, ó de Torre Penela sito na parroquia de Alongos, pertenceu ó conde de dito nome, señor que foi da xurisdicción de Xocín en Baños de Molgas, Maus, Poedo, Freás de Astariz e outros. Porta un escudo con oito particións rematado nunha coroa condal e as seguintes armas: Puga, Sotelo, Cadórniga, Solís, Enríquez, Losada, Villamarín e Taboada (figura 8).
Outra das casas blasonadas de Alongos e a dos Varela que ostenta dous escudos. Un deles ovalado (figura 9) está sotido por unha aguia bicéfala e sen particións, vense os emblemas dos Varela, Somoza,
Pardo e Puga. O outro, cuartelado e dividido verticalmente por unha cruz, leva unha aguia, que pode ser Aguilar, cinco escudetes en cruz pertencentes o apelido Sousa, catro bandas e unha cruz valeira (figura 10).
En Alongos atópase tamén a Casa da Corredoira que ten un escudo cuartelado (figura 11) con armas dos Enríquez, Puga e Pereira. No ano 1701 eran donos desta Casa da Corredoria D. Silvestre Nóvoa y Puga e a súa esposa Dª Isabel de Cárdenas que ademais de ser escribana de número de Ourense, así como do coto da Xestosa, con xurisdicción civil e criminal, o eran da capela de San Ildefonso na eirexa parroquial de a Santísima Trinidade de Ourense, da Concepción de Astariz e da Purificación de Santa Eufemia de Eiras de Maside.
De Alongos era o famoso humanista D. Xoan Antonio Saco e Arce, autor da primeira Gramática Galega. Na casa donde naceu existe un escudo partido con cimera vola a dereita, que leva as armas dos Feijoo e dos Martínez (fígura 12). A casa foi construida no século XVIII por D. Roque Martínez, abade de Santa María de Larouco e o sue anejo Santa María de Sadur.
En Campo de Azur, dous lagartos, de sinople enfrentados que cruzan as súas colas baixo a punta do escudo e sosteñen as armas dos GARCÍA DE BAHAMONDE que son 20 jaqueles, dez de ouro e dez de gules en el xefe unha M, coroada de ouro, ambas.
Procede de que un membro de familia adquiriu o uso da mesma, como consecuencia de que unha princesa real, chamada Milia foi raptada en Inglaterra, durante unha embaixada por un membro da familia.