O Concello de Toén, atópase situado ó Noroeste da Península Ibérica, a 7,5 km. de Ourense, capital da provincia.
Conta cunha superficie de 58,9 km2, limitando ó norte co río Miño que o separa do municipio de Ourense e Cenlle, ó sur co municipio de Cartelle, ó Oeste con Castrelo de Miño e ó leste co municipio de Barbadás.
O término municipal de Toén está constituido por 41 núcleos de poboación agrupados en oito parroquias: Toén Mugares, Alongos, Moreiras, Xestosa, Trelle, Feá e Puga.
A estrada secundaria 342 comunica a cidade de Ourense con este concello entrando por a parroquia de Mugares; mentras que a 317 o fai pola poboación de As Airas. Dende a autovía A-52, tomando a saída de Cortegada, podremos dirixirnos hacia Feá á dereita, Alongos e a esquerda ou Toén de frente.
Distancia desde as principais cidades de Galicia
A Coruña: 151 Km.
Ferrol: 164 Km
Lugo: 98 Km.
Ourense: 11 Km.
Pontevedra: 84 Km.
Santiago de Compostela: 96 Km.
Teléfonos de interese
Concello de Toén 988 261074
Centro de Saúde 988 261026
Garda Civil 062 / 988 235353
Urxencias (Ourense) 061 - 988 385901